
SAIAS DO NORTE
Barbara Albert, 1999
103’. Subtítulos en galego
NORDRAND [SAIAS DO NORTE]
(Austria-Alemaña-Suíza, 1999)
Dirección e guión: Barbara Albert. Produtor: Erich Lackner, Martin Hagemann, Rolf Schmid. Produción: Lotus Film. Fotografía: Christine A. Maier. Intérpretes: Nina Proll, Edita Malovcic, Tudor Chirilá, Astrit Alihajdaraj, Michael Tanczos. Duración: 103 minutos.
Austria, 1995. Cinco mozos de diferente procedencia étnica reúnense en Viena e comparten as súas vidas, soños e desexos durante un breve período de tempo. Tratan de encontrar a felicidade á súa maneira.