Arabic 1-10
Arabic 1-10
- 80 minutos
Esta serie de películas, cada unha extraordinariamente única respecto das demais (excepto “0+10”, que van xuntas), está inspirada e gobernada por estratos de pensamento visual en movemento distintos dos da ROMAN NUMERAL SERIES (serie dos números romanos)... ou, quizais, deberíase dicir que os ARABIC NUMERALS (números arábigos) son froito dunha árbore de nervios distinta da que deu nacemento aos ROMANOS (xa que resulta un engano psicolóxico imaxinar o pensamento en “capas”). Os ARÁBIGOS abranguen en duración dende aproximadamente os cinco minutos ata os 32 e poden proxectarse a 24fps ou a 18, aínda que esta última velocidade semella a preferible para comezar. Creo que a integridade no ritmo de cada filme debera permitir velos mesmo a máis velocidades, alá onde os proxectores de 16 mm permitan tal exercicio. Polo que a min respecta, desafían a interpretación verbal (mesmo máis que os seus equivalentes ROMANOS) e estarían, por tanto, seguramente máis preto da Música que calquera dos traballos previos que me foron dados; mais se iso é certo, resulta (tal coma mo explicou o compositor James Tenney) que estarían máis relacionados con esa pequena parcela da composición musical que se resiste á Canción e á Danza e que existe máis puramente en Acontecementos Sonoros no Tempo/Espazo. Finalmente, logo, a inspiración de todos eses compositores modernos (e algúns antigos) que tanto amei dende a miña adolescencia supera os hábitos máis sinxelos e comodamente adorables do la-la-la E crea unha correlación visual DA eventualidade da música. Por exemplo, cada ARÁBIGO fórmase pola gramática intrínseca da estrutura máis interna (pode que pre-natal) do pensamento mesmo. (Stan Brakhage)
___
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:1990
- Países de produción: Estados Unidos