Fóra de serie
Do 1 de novembro de 2006 ao 30 de novembro de 2016
Este mes contamos con importantes estreas de diferente procedencia. Xunto ás esperadas películas de Hou Hsiao-Hsien e Phil Morrison, completamos o ciclo de Apichatpong Weerasethakul coa anunciada proxección de “Tropical Malady”. Por outro lado, iniciamos unha revisión do excepcional cinema luso contemporáneo que proseguirá nos vindeiros meses (co subtítulo de “Mostra de cine portugués”) coa abraiante película do cineasta portugués Pedro Costa “No quarto da Vanda” (2000). A sesión vén realzada pola proxección con carácter de estrea durante o mes de decembro de “Juventude em marcha” (2006), última película de Costa, presente na sección oficial do Festival de Cannes deste ano, que precisamente retoma os personaxes de “No quarto da Vanda”.