TROPICAL MALADY
Apichatpong Weerasethakul, 2004.
118´. Subtítulos en castelán.
SUD PRALAD / TROPICAL MALADY
(Tailandia-Francia, 2004)
Dirección e guión: Apichatpong Weerasethakul. Produción: Charles de Meaux para Anna Sanders Films. Fotografía:Vichit Tanapanitch, Jarin Pengpanitch, Jean Louis Vialard. Intérpretes: Banlop Lomnoi, Sakda Kaewbuadee, Sirivech Jareonchon, Udom Promma. Duración: 118 minutos.
O amor sen complicacións e a maxia da vida están presentes nas vidas do mozo soldado Keng e o rapaz campesiño Tong. Unha vida agradable de súpeto escurecida por unha repentina desaparición. Unha besta salvaxe anda a matar as vacas. As lendas locais axudan a explicar que un home se pode converter noutra criatura. Entón, o soldado introdúcese só no corazón da xungla, alí onde mito e realidade se poden confundir. Premio do xurado no Festival de Cannes 2004 e mellor película do ano para a revista “Cahiers du cinéma”.