TIEMPOS DE AMOR, JUVENTUD Y LIBERTAD
Hou Hsiao-Hsien, 2005.
132´. Subtítulos en castelán.
ZUI HAO DE SHIN GUANG / THREE TIMES / TIEMPOS DE AMOR, JUVENTUD Y LIBERTAD
(Taiwan-Francia, 2005)
Dirección: Hou Hsiao-Hsien. Guión: Chu Tien-Wen. Produción: Sinomovie Co. (Taiwán), en asociación con Paradis Films e Orly Films (Francia). Fotografía: Mark Lee Ping-Bin. Intérpretes: Shu Qui, Chang Chen, Mei-Fang, Di-Mei, Liao Su-Jen. Duración: 132 minutos.
Tres períodos diferentes e tres historias de amor. En 1911 o pai dunha moza quere facer libre a unha cortesá a quen o seu fillo deixou embarazada, pero o prezo é moi alto e a diferenza págaa outro cliente. En 1966 un rapaz de permiso do servizo militar intenta localizar unha muller a quen coñeceu nuns billares. No ano 2005 un home e unha muller manteñen unha relación sen que o saiban as súas parellas. Outra sorprendente historia do director de “Millennium Mambo”.