JUNEBUG
Phil Morrison, 2005.
106´. Subtítulos en castelán.
JUNEBUG
(Estados Unidos, 2005)
Dirección: Phil Morrison. Guión: Angus McLachlan. Produción: Epoch Films, Lightning Entertainment. Fotografía: Peter Donahue. Intérpretes: Embeth Davidtz, Benjamin McKenzie, Alessandro Nivola, Amy Adams, Scott Wilson. Duración: 106 minutos.
Madeleine é unha marchante de arte que viaxa desde Chicago a Carolina do Norte para contratar un excéntrico pintor. George, o seu novo marido, vai con ela coa finalidade de presentarlla á súa familia, que reside alí. Excepto Ashley, a irmá máis nova de George, ninguén acepta de inmediato a Madeleine. A dificultade dos afectos humanos nun pequeno e certeiro retablo da sociedade que pasou por certames como Sundance, As Palmas, San Francisco ou Vancouver, descubrindo unha marabillosa actriz, Amy Adams.