
Nido de nobles
Andrei Mikhalkov-Konchalovsky, 1969
105'. Vídeo. Subt. castelán.
DVORIANSKOIE GNIEZDO / NIDO DE NOBLES
(URSS, 1969)
Dirección: Andréi Konchalovsky. Guión: Valentin Ezhov e Andréi Konchalovsky, sobre a obra de Iván Turgueniev. Produción: Mosfilm. Fotografía: Georgi Rerberg. Intérpretes: Irina Kupchenko, Leonid Kulagin. Duración: 105 minutos.
Fiodor Ivánovich Lavretsky regresa á facenda da súa propiedade logo dunha longa tempada no estranxeiro, unha vez consumado o fracaso do seu matrimonio. Ao pouco de chegar coñece a unha moza, Liza, filla da súa prima, e recibe a nova da morte da súa esposa. Logo dos problemas con The Story of Asia Klachina…, Konchalovsy vaise orientar cara as adaptacións literarias de prestixio. Herdeiro dunha das grandes tradicións da pintura rusa, filma aquí unha versión en cor, de enorme beleza visual, de Nido de nobles de Turgueniev.