
Encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba
- 60 min.
Jonás Trueba e Itsaso Arana son director e actriz principal de Volveréis, escrita por ambos (xunto a Vito Sanz) e na que ela interpreta unha cineasta que ben podería ser un alter ego del. Manter un encontro con ambos permítenos reflexionar sobre a vinculación dun oficio e outro desde as súas distintas posicións, pero tamén entender como o traballo entre os dous retroalimenta o proceso creativo e a película, tanto na súa narrativa como nas súas formas.
-
Close-Up: cine e perspectiva de xénero
Encontro con Itsaso Arana e Jonás Trueba
Volveréis
Versión lingüística:VOFormato:DCPEntrada gratis.
- Ano:2025
- Países de produción: España