NCI-20 Un futuro atoldado: Made of Ashes/ The Reaper
VV.AA, 2012-2014
115'. DCP. Subt. Galego
OD PEPELA / Made of Ashes
(Serbia, 2012)
Dirección: Ognjen Glavonić. Dur.: 17'.
Dejan un mozo serbio que viviu e medrou no cambio. Cando o poder de Milošević finalmente caeu, el estivo alí, coma a maior parte da súa xeración. Dez anos despois do 5 de outubro do 2000, ese xa non tan novo Dejan está enfeitizado por unha misteriosa adolescente. Historia dunha cincenta moderna, dunha moza que espera un amor que nunca chega, reflexo dunha nación que agarda un cambio que nunca aparece.
KOSAC / The Reaper
(Croacia / Eslovenia, 2014)
Dirección: Zvonimir Jurić. Dur.: 98’.
No leste de Croacia, non lonxe da cidade de Osijek, nunha soa noite cruzaranse tres historias. O lastre e o illamento na vida de Ivo marca unha tensión maxistralmente creada ao longo de todo o filme. Un aire cargado, onde todo parece termar dun fino fío, onde a magnitude do pasado recente está presente na súa aparente ausencia.