
NCI-20 Seguir adiante: The Shovel/ Home/ Djeca, children of Sarajevo
VV.AA, 1997-2012
102'. DCP/ 35mm. Subt. galego
LOPATA / The Shovel
(Bosnia e Hercegovina, 1997)
Dirección: Nebojša Šerić Shoba. Dur.: 5'.
Un plano secuencia que resume unha das cuestións máis esenciais do cine –a creación mesma das imaxes. Cal é a función do cine? Cal é o propósito das imaxes?
KUĆA / Home
(Serbia, 1996)
Dirección: Andrijana Stojković. Dur.: 7'.
De como tentar seguir adiante, malia a todo.
DJECA / Children of Sarajevo
(Bosnia e Hercegovina / Alemaña / Francia / Turquía, 2012)
Dirección: Aida Begić. Dur.: 90'.
Saraxevo, uns anos despois da guerra. Unha moza orfa carga coas responsabilidades do futuro do seu tumultuoso irmán e as do seu propio. Debe lidar coa presión do seu traballo precario e as tensións internas que desencadea o doloroso pasado. Nun pequeno mais valente e conmovedor xesto desprenderase de toda a opresión coa que carreta desde a guerra.