Les Vampires (episodio 3)
Musidora, Edouard Mathé, Marcel Lévesque
- 47 minutos
Episodio 3 (Le Cryptogramme Rouge)
París é vítima dun terror invisible contra o que a policía parece impotente. Unha organización criminal, "Os vampiros", sementa o caos con asasinatos, roubos e secuestros. A pouca información sobre a banda di que os dirixe o Gran Vampiro e a súa seductora moza Irma Vep. Philippe Guerande é un xornalista que os acaba atopando. A partir de entón, emprende unha longa cruzada para liberar París do Mal. Mítico serial en dez capítulos, entretido e con excelencia técnica e artística, célebre tamén nos últimos anos por Irma Vep, filme e serie. Rodada, con moitos problemas de produción, en plena 1ª Guerra Mundial e acusada de glorificar o crime, está dirixida por Louis Feuillade, precursor do formato serial con traballos como Fantomas (1914) ou Judex (1917).
- Ano:1915
- Países de produción: Francia
- Guión: Louis Feuillade
- Fotografía: Manichoux
- Produtora(s): Gaumont