
NATUREZA MORTA
Susana de Sousa, 2005
72´. Vídeo.
NATUREZA MORTA
(Portugal-Francia, 2005)
Dirección e guión: Susana de Sousa Dias. Produción: Ansgar Schäfer (KINTOP) e Xavier Carniaux (AMIP). Duración: 72 minutos.
Dentro dunha imaxe sempre se atopa unha imaxe. Empregando apenas material de arquivo e sen recorrer ás palabras, redescóbrese e penetra na opacidade das imaxes captadas durante os 48 anos da ditadura portuguesa (actualidade, reportaxes de guerra, documentais propagandísticos, fotografías de presos políticos, metraxe descartada ou inédita), permitindo a súa reapertura distintas lecturas. Un intento de actualizar o pasado recente, cristalizando as imaxes de arquivo en ralentí, situando en primeiro plano a opositores e verdugos.