National Gallery
Frederick Wiseman, 2014
180'. DCP. Subt. castelán
NATIONAL GALLERY
(Estados Unidos-Francia-Reino Unido, 2014)
Dirección e guión: Frederick Wiseman. Fotografía: John Davey. Produción: Zipporah Films, Idéale Audience e Gallery Film. Duración: 180 minutos.
Aproximación do máis grande e persistente retratista de institucións da historia do cine, o documentalista estadounidense Frederick Wiseman (1930), ao centro artístico motor da londiniense Trafalgar Square, a National Gallery. De Velázquez a Van Gogh, tres intensas horas coa existencia minuciosa e dende as máis diversas perspectivas, do afamado museo.