Mystery Train
Jim Jarmusch. 1989
110'. DCP. Subt. Castelán
Mystery Train
(Estados Unidos, 1989)
Dirección e guión: Jim Jarmusch. Fotografía: Robby Müller. Intérpretes: Masatoshi Nagase, Youki Kudoh, Screamin' Jay Hawkins, Cinqué Lee, Rufus Thomas, Jodie Markell. Dur.: 110'.
A cidade de Memphis é o escenario para as tres historias que conforman esta película. Lejos de Yokohama, a primeira, segue a dous adolescentes xaponeses cuxo soño é visitaren Graceland, a casa de Elvis Presley. En Un fantasma, unha muller italiana fácil de convencer vese estancada nesa cidade esperando o avión que os leve á casa a ela e mais o cadáver do seu marido. E en Perdidos en el espacio, a terceira, tres homes son perseguidos pola lei como consecuencia de actos realizados baixo os efectos do alcol. Tres historias que teñen máis que ver entre si do que parece a primeira vista.