![Unrecht und Widerstand](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/peternestler_filmmuseum_foto_de_dieter_reifahrt_1.jpeg?itok=hOEnhqVd)
Unrecht und Widerstand
- 113 min.
Este díptico (Unrecht und Widersstand e Der offene Blick) aborda diversas formas de resistencia dos sinti e dos romanís alemáns e austríacos durante os últimos oitenta anos. Trata da rebelión contra a inxustiza e da insistencia na dignidade e na xustiza. Unrecht und Widerstand conta a historia de Romani Rose, da súa familia e dos compañeiros de loita, da vocación de xustiza, vivida con resistencia e perseverancia. É a historia dunha minoría, entre o trauma e a autoafirmación, que sufriu a violencia e o acoso estatal desde a posguerra ata hoxe mesmo, e que foi recoñecida só grazas ao movemento de dereitos civís. Para os romanís e os sinti que saíron vivos do xenocidio, da exclusión, da pobreza e do acoso oficial eran cotiáns. O Porraimos, o xenocidio desta minoría, non foi admitido oficialmente ata 1982. Nesta película, Peter Nestler describe o longo camiño desde a ilegalidade e a discriminación ata o movemento dos dereitos civís. O compromiso incansable dos romanís e os sinti atesta a súa coraxe civil e o sentido de cidadanía, a súa firme defensa da cooperación entre diferentes culturas e a súa visión de futuro sobre a democracia. A película narra esta importante historia a través de imaxes de arquivo e testemuños, entre eles os de Romani Rose e outros activistas dos dereitos civís.
(C) Fotografía: Dieter Reifahrt
-
Achéganse outros tempos. Os filmes de Peter Nestler
Unrecht und Widerstand
Versión lingüística:VOSEFormato:DCP
- Ano:2022
- Países de produción: Alemaña, Austria