Mostra IVAHM
90'. Vídeo. Presentación de Francisco Brives. Entrada de balde.
MOSTRA IVAHM
Unha iniciativa liderada polos galegos Néstor Prieto e Francisco Brives. IVAHM 2012, unha curatoría de videoarte e cine experimental, procedente do Congreso IVAHM celebrado en Madrid os días 8, 9 e 10 de xuño. A mostra está formada por pezas de artistas colombianos e israelís. Unha programación que vén coordinada pola comisaria e artista visual Liliana Orbach e o director -xunto a Lea Mauas- da residencia artística Mamuta, Diego Rotman (pola parte israelí) e Javier Alvárez Galeano (director Festival Cinetoro) e Andrés Cuartas (director do programa de televisión La tostadora) pola parte colombiana.
A mostra componse de dous bloques de traballos precedidos dunha presentación do IVAHM e un coloquio final.
Duración: 90 minutos.