Mort á vignole
Olivier Smolders, 1998.
25´. Subtítulos en galego.
MORT Á VIGNOLE
(Bélxica, 1998)
Dirección, guión, produción e fotografía: Olivier Smolders. Duración: 25 minutos.
A partir dun antigo filme afeccionado rodado en Venecia, o director reflexiona sobre eses retratos familiares da felicidade que son as películas domésticas, sobre o paso do tempo, a memoria afectiva, a morte e o dó, así como as diferenzas entre o súper 8 e o vídeo.