![MI IDAHO PRIVADO MI IDAHO PRIVADO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_1967.jpeg?itok=FlKKBfke)
MI IDAHO PRIVADO
Gus Van San, 1991
104´. Subtítulos en galego.
MY OWN PRIVATE IDAHO / MI IDAHO PRIVADO
Gus Van Sant, 1991. Con River Phoenix, Keanu Reeves, James Russo. 104´.
Dous mozos prostitutos malviven nas rúas de Portland (Oregón) vendendo
o seu corpo a homes. Un deles, Mike (River Phoenix) é homosexual e sofre
de narcolepsia, a enfermidade do sono; o outro, Scott (Keanu Reeves),
inspirado -co recitado de fragmentos enteiros da obra orixinal- no Enrique
IV de Shakespeare, pertence a unha prestixiosa familia contra a que decide
rebelarse. Copa Volpi á mellor interpretación masculina en Venecia para o
malogrado River Phoenix e premio da crítica en Toronto.