A Foreign Song
- 82 min.
Traballou nunha compañía de seguros durante 40 anos. Todos os días se erguía ás seis e se deitaba ás nove. Na súa vida non hai peripecias destacables nin episodios extravagantes. Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX.
Cando lle pediron un apuntamento biográfico para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens rexeitou escribilo.
Cría profundamente que a poesía non é algo persoal e que a voz que estaba atrás dos seus poemas era en realidade a voz doutra persoa.
Alguén, ao lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios senlleiros dos Estados Unidos. Na cidade do diñeiro, onte coma hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. El mesmo recita os seus poemas. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.
- Ano:2022
- Países de produción: España
- Guión: César Souto
- Fotografía: Alberte Branco
- Montaxe: Marcos Flórez, Cristina Liz
- Produtora(s): Matriuska