
Delincuente
Nuria Vil
- 12 min.
A través do recordo de La Maradona —a líder dunha banda de delincuencia xuvenil viguesa dos anos 80—, Nuria Vil constrúe un universo poético no que mestura o imaxinario do cine quinqui coa historia obreira da cidade de Vigo para achegar ao presente algunhas referentes da literatura galega contemporánea e unha vindicación potente do colectivo LGBTIAQ+. Esta peza, dirixida por Alba Domínguez, xunta as imaxes en súper 8 do arquivo de Manoel da Costa que retratan o Vigo dos 80 coa ficción filmada nos arredores de Vigo, Nigrán e no histórico autobús Cometa de 1968 cedido por Vitrasa.
-
Off Galicia
Delincuente
Versión lingüística:VOFormato:DCPPresentación e coloquio: Nuria Vil. Entrada de balde.
- Ano:2024
- Países de produción: España
- Guión: Alba Domínguez, Nuria Vil
- Fotografía: Alba Domínguez
- Montaxe: Alba Domínguez