Memoria do nacionalismo galego
Comba Campoy, Xabier Macías e Xosé Zapata, 2010.
108’. Entrada gratuíta.
Presentación a cargo dos seus autores
MEMORIA DO NACIONALISMO GALEGO
(España, 2010)
Dirección: Xosé Zapata, Comba Campoy e Xabier Macías. Guión: Comba Campoy e Xabier Macías. Produción: IB Cinema e Fundación Galiza Sempre. Fotografía: Justo Guisasola. Duración: 108 minutos.
Historiadores, intelectuais e políticos relatan a traxectoria do nacionalismo político galego desde mediados do século XIX ata a actualidade. A narración aparece estruturada en dúas partes. A primeira remata coa morte de Castelao e a fundación en 1950 da editorial Galaxia. A segunda arranca nos últimos anos do franquismo e na transición. Asesoramento histórico de Xusto Beramendi.