MANPOWER
Raoul Walsh, 1941
105´. Subtítulos en castelán.
MANPOWER
(Estados Unidos, 1941)
Dirección: Raoul Walsh. Guión: Richard Macaulay e Jerry Wald. Produción: Warner Bros. Fotografía: Ernest Haller. Intérpretes: Edward G. Robinson, Marlene Dietrich, George Raft. Duración: 105 minutos.
Melodrama sobre os obreiros que traballan nos tendidos eléctricos. Unha historia de amizade interxeracional truncada pola atracción que a esposa do máis vello deles sente polo máis novo conduce a un enérxico relato cheo de momentos felices, onde a pegada de Walsh e o seu gusto polo excesivo van proporcionar secuencias memorables.