![La naranja mecánica](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/a-clockwork-orange.jpg?itok=btfj1zpi)
La naranja mecánica
A Clockwork Orange
Malcolm McDowell, Patrick Magee, Michael Bates, Warren Clark.
- 136 minutos
Inglaterra nun futuro próximo. Alex e mais os seus tres amigos divírtense cunha violencia in crescendo, que os leva de dar unha malleira a un vagabundo ou pelexar cunha banda rival a atacar a casa dun escritor e violar a súa muller. Axiña, Alex será detido pola policía e enviado ao cárcere. Despois dun tempo, acepta ser sometido a unha nova terapia de choque, o tratamento Ludovico, un experimento establecido polo goberno para loitar contra o crime. Versión da narración homónima de Anthony Burgess, capaz de elaborar un proceso de estilización formal paralelo á novela e onde emerxe o gusto de Stanley Kubrick pola linguaxe, ao igual que a súa devoción pola análise clínica do poder (as encerelladas relacións violencia-Estado) e os camiños do ser humano, a construír un filme de culto, polémico e exitoso, que como comentaba o propio cineasta “fala das limitadas posibilidades que ten o home para escoller entre o ben e o mal”.
- Ano:1971
- Países de produción: Estados Unidos, Reino Unido
- Guión: Stanley Kubrick; Anthony Burgess (novela)
- Fotografía: John Alcott
- Montaxe: Bill Butler
- Produtora(s): Warner Bros., Hawk Films, Polaris Productions