Mahanagar / La gran ciudad
Satyajit Ray,1963
131'. DCP. Subt. galego.
MAHANAGAR / LA GRAN CIUDAD
(India, 1963)
Dirección e guión: Satyajit Ray, sobre o relato Abataranika de Narendranath Mitra. Produción: R.D. Bansal & Co. Fotografía: Subrata Mitra. Intérpretes: Madhabi Mukherji, Anil Chatterji. Duración: 131 minutos.
Subrata Majundar esfórzase en manter a familia unicamente co salario modesto que recibe como empregado de banca. Non quere, malia os requirimentos dela, que a súa muller, Arati, traballe, xa que é contrario á tradición familiar india. A necesidade conduce a que finalmente acepte e axude a Arati a procurar emprego. O calvario familiar comeza. Unha concienciuda análise, a través de espazos escénicos e estruturas de poder, da sociedade india.