Macbeth
Orson Welles, 1948
107'. DCP. Subt. castelán.
MACBETH
(Estados Unidos, 1948)
Dirección: Orson Welles. Guión: Orson Welles, sobre a obra homónima de William Shakesperare. Fotografía: John L. Rusell. Produción: Republic Pictures e Mercury Production. Intérpretes: Orson Welles, Jeanette Nolan, Dan O’Herlihy. Duración: 107 minutos.
Tres bruxas prognostican que Macbeth, un nobre escocés, ha ser rei. Dúas profecías anteriores delas parecen cumprirse. O asalto ao trono de Duncan resulta inminente pois a Macbeth, axudado pola cobiza da súa muller, non deixa de lle roldar a idea na cabeza. Inicio da produtiva relación de Welles con Shakespeare, un filme modesto de medios e rodado (en estudio) en 23 días, presidido de novo pola liberdade de miras. Welles instala o seu personaxe nun período da Historia fóra do tempo, natureza viva e telúrica onde ten lugar a gran traxedia da ambición. Chea de suntuosos planos-secuencia e cun elaborado tratamento sonoro, Welles experimenta e outorga fisicidade ao filme.