Hedwig and the Angry Inch
John Cameron Mitchell, Michael Pitt
- 95 min.
Nado ó mesmo tempo e no mesmo lugar que o Muro da Vergoña, Hansel tivo claro desde que coñeceu o seu primeiro home que prefería ser Gretel. Tras unha chapuza no quirófano ("deixáronme a ingua como a de Barbie"), emigra ós Estados Unidos, meca do glam, emporio do rhinestone e patria do seu mozo. Ela, que o tiña todo para triunfar (pouca vergoña a moito talento), é traizoada polo seu novo amante, un gnóstico devorador da Biblia que lle rouba os seus quince minutos de fama.
- Ano:2000
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: John Cameron Mitchell
- Fotografía: Frank G. DeMarco