LOS ESPIGADORES Y LA ESPIGADORA
Agnès Varda, 2000
82´. Vídeo / Cine. Subtítulos en castelán. Precedida da curtametraxe CINE_ASCIIART (DSK, 2003/2004)
LES GLANEURS ET LA GLANEUSE / LOS ESPIGADORES Y LA ESPIGADORA (Francia, 2000) Dirección e guión: Agnès Varda. Produción: Ciné-Tamaris. Fotografía: Didier Doussin, Stéphane Krausz, Didier Rouget, Pascal Sautelet e Agnès Varda. Duración: 82 minutos. Un dos filmes máis importantes do cine recente, onde Varda explora a precariedade na sociedade de consumo, os novos formatos dixitais, o paso de tempo, o autorretrato esbozado e a experiencia autobiográfica, a riqueza e liberdade creativa que proporciona o cine-ensaio ou a súa vocación viaxeira. Todo arroupado polo singular tratamento que reciben as cuestións principais sobre as que gravita o filme, o mundo do lixo, da reciclaxe, multiplicado no seu significado grazas ás constantes e suxestivas digresións, herdeira Varda de todo unha tradición filosófica, política e artística.