
LOS CUENTOS DE MAMÁ GALLINA
1992-2001
46´. Versión castelá. Entrada gratuíta.
LILI HOSAK
(Irán, 1992)
Dirección e guión: Vajiollah Fard-e-Moghadam. Fotografía: Farkhondeh Torabi. Produción: Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes. Duración: 16 minutos.
Unha galiña cae no interior dunha poza. O galo e outra galiña intentan salvala e solicitan a axuda doutros animais, pero todos viven enfrascados nos seus propios problemas. Parece que finalmente chega unha esperanza de rescate.
EL PEZ ARCO IRIS / MAHI-E RANGUIN-KAMAN
(Irán, 1998)
Dirección, guión e fotografía: Farkhondeh Torabi, sobre unha obra de Markus Pfister. Produción: Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes de Irán. Duración: 13 minutos.
Un fermoso peixe arco iris, froito do seu orgullo, anda sempre só, o que o converte en presa fácil para peixes inimigos. Non obstante, cando chegue o perigo os outros peixes intentarán axudarlle.
SHANGOUL Y MANGOUL
(Irán, 2001)
Dirección: Farkhondeh Torabi e Morteza Ahadi Sarkani. Guión: Farkhondeh Torabi. Fotografía: Morteza Ahadi Sarkani. Produción: Kanoon, Instituto para o Desenvolvemento Intelectual de Nenos e Adolescentes de Irán. Duración: 17 minutos.
A nai cabra sae e un lobo entra na casa para devorar os cabritiños. O pequeno da familia vai ser o salvador.