
Tiempos modernos
Modern Times
Charles Chaplin, Paulette Godard, Henry Bergman, Tiny Sandford.
- 87 min.
Derreado polo frenético ritmo da cadea de montaxe, un obreiro metalúrxico acaba perdendo a razón. Despois de recuperarse nun hospital, sae e é encarcerado por participar nunha manifestación en que se encontraba por casualidade. No cárcere, tamén sen pretendelo, axuda a controlar un motín, polo que queda en liberdade. Unha vez fóra, reemprende a loita pola supervivencia na compaña dunha moza orfa á que coñece na rúa.
- Ano:1936
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Charles Chaplin
- Fotografía: Ira H. Morgan, Roland Totheroh
- Montaxe: Charles Chaplin, Willard Nico
- Produtora(s): Charles Chaplin Productions