![LOS ANGELES PLAYS ITSELF LOS ANGELES PLAYS ITSELF](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_853.jpg?itok=RML3CVn9)
LOS ANGELES PLAYS ITSELF
Thom Andersen, 2003.
169´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
LOS ANGELES PLAYS ITSELF
(Estados Unidos, 2003)
Dirección, guión e produción: Thom Andersen. Fotografía: Deborah Stratman. Duración: 169 minutos.
Los Angeles é, sen dúbida, a cidade que máis veces foi escenario de películas. Utilizando fragmentos de moitos filmes tratados como documentos históricos (Mulholland Drive, Terminator, Ed Wood, Chinatown ou Blade Runner), Andersen, firmante xunto ao lendario analista francés Noël Burch do achegamento á caza de bruxas Red Hollywood (1995), constrúe unha "sinfonía urbana" da cidade-decorado que se erixe nunha das pezas máis redondas e preciosas do novo século. Premiada en Vancouver e pola crítica de Los Ángeles.