A Humble Life + Intervista, quelques mots pour le dire...
- 102 min.
A HUMBLE LIFE (Rusia, 1997)
Dirección: Aleksandr Sokurov. Producción: Fondation Nord/ Pandora. Montaxe: Leda Semenovna. Dur.: 76 min.
"Un cidadán ruso pasa algúns anos viaxando polas cidades, aldeas e illas do Xapón. As distincións que nun principio facía entre os seus compatriotas rusos e mailos xaponeses van esmorecendo pouco a pouco a medida que vai falando con estes. Convértense todos nunha grande familia. El decide narrar aquí un destes encontros, o que se realizou nun lugar da montaña, cunha muller, Umeno Mathuyoshi, de 74 anos, da aldea de Asuka." (Aleksandr Sokurov).
INTERVISTA, QUELQUES MOTS POUR LE DIRE... (Francia, 1998)
Dirección: Anri Sala. Producción: Idèale Audience. Dur.: 26 min.
"Co paso dos anos, unha muller deixou atrás moitos aconteceres e sentimentos (nacementos, ledicias, tristuras, optimismo, fe, medo, informacións, comunismo, decepcións, rebelións) e, tamén, unha entrevista muda -o son perdeuse- gravada en dous anacos de película. A entrevista fixose hai vinte anos, cando ela era unha das responsables da Alianza das Xoves Comunistas de Albania. Esquenciame dicir que esta muller é a miña nai. Para descifra-la súa entrevista acudín a unha escola de xordomudos. Vinte anos despois, ela vese enfrontada co seu discurso..." Anri Sala
-
Compostela documental
A Humble Life + Intervista, quelques mots pour le dire...
Versión lingüística:VOSEFormato:Vídeo
- Ano:1997-1998
- Países de produción: Francia, Rusia