LIBERTÉ LA NUIT
Philippe Garrel, 1983
80´. Subtítulos en galego.
LIBERTÉ LA NUIT
(Francia, 1983)
Dirección e guión: Philippe Garrel. Fotografía: Pascal Laperrousaz. Produción: Institut National de la Communication Audiovisuelle. Intérpretes: Emmanuelle Riva, Maurice Garrel, Christine Boisson. Duración: 80 minutos.
París, na época da guerra de Alxeria. Jean e Mouche deciden separarse despois de moito tempo de convivencia. Mentres intentan adaptarse á dor da ausencia do outro, seguen colaborando, por separado, coa causa independentista. Tras o asasinato de Mouche a mans da OAS, Jean comeza unha relación cunha moza de orixe alxeriana.