Léon Morin, prêtre / Léon Morin, sacerdote
Jean-Pierre Melville, 1961
117'. DCP. Subt. Castelán
Léon Morin, prêtre / Léon Morin, sacerdote
(Francia, Italia, 1961)
Dirección e guión: Jean-Pierre Melville. Fotografía: Henri Decaë. Intérpretes: Jean-Paul Belmondo, Emmanuelle Riva, Irène Tunc. Dur: 128'.
Unha vila francesa durante a ocupación. Barny é unha moza viúva apaixonada que vive soa coa filla. Intelixente e frustrada, sofre os impulsos amorosos que a empurran a colegas do traballo. Non crente, arríscase a xogar cun cura... Léon Morin. Mais este é novo, guapo, forte moralmente e tan intelixente coma ela. Barny vese atrapada na súa propia trampa. Unha loita mística e amorosa ten lugar entre eles, da que ningún sairá vencedor... Adaptación da novela Léon Morin, sacerdote de Béatrix Beck, publicada en 1952 e premio Goncourt.