LECCIÓNS DE HISTORIA
Barbara Hammer, 2000.
65´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
HISTORY LESSONS / [LECCIÓNS DE HISTORIA]
(Estados Unidos, 2000)
Dirección, guión e produción: Barbara Hammer. Fotografía: Allyson Mitchell, Ann T. Rossetti e Barbara Hammer. Duración: 65 minutos.
Matriarca e fundadora do cine militante feminista, Barbara Hammer repasa neste título a historia negada do lesbianismo na cultura do século XX, a través de nudies, filmes de educación sexual, fragmentos de Leni Riefenstalh, melodramas, anuncios e películas de Hollywood. Unha lección de montaxe e apropiacionismo que revela aspectos ocultos ou directamente agochados na cultura popular e inclúe a aparición de Eleanor Roosevelt.