LECCIÓN DESDE BAM
Ali Reza Ghanie e Payman Yazdanian, 2004
23´. Vídeo. Subtítulos en galego.
LESSON FROM BAM / [LECCIÓN DESDE BAM]
(Austria-Irán-Australia, 2004)
Dirección e guión: Ali Reza Ghanie e Paymen Yazdanian. Produción: NurFilm, franjipani Film Production e Australia & CCC Film Produktion. Duración: 23 minutos.
Bam é unha antiga cidade persa que logo dun terremoto queda enteiramente destruída. Unha mestra de escola decide dar leccións a nenos que o perderon todo: a súa casa, a súa escola, parte da súa familia. É a súa maneira de resistir o trauma e de recuperar a esperanza.