
The last communist + 18MP
Amir Muhammad, 2006
104’. Vídeo. Subt. galego.
THE LAST COMMUNIST
(Malasia, 2006)
Dirección e produción: Amir Muhammad. Fotografía: Albert Hue. Intérpretes: Zalila Lee, Toni Kassim. Duración: 90 min.
Muhammad prosegue a súa investigación pola historia de Malasia, desta vez tomando como referencia a figura do líder do Partido Comunista, Chin Peng (o que supuxo que o goberno censurara a película). Historias cotiáns, soños e lembranzas nunha curiosa mestura de road movie, musical e documental que intercala entrevistas a veciños do lugar onde viviu Peng con sobreimpresións que narran a súa traxectoria política. Un filme teimudo, divertido, irónico, retrato da historia política de Malasia sen necesidade de empregar material de arquivo.
18MP
(Malaisia, 2006)
Dirección, fotografía e produción: Amir Muhammad. Duración: 14 min.
Un grupo de políticos e funcionarios censores malaios falan da prohibición en Malasia do filme de Amir Muhammad, The last communist. Suxestiva sesión dupla en que Muhammad indaga con humor e sutileza nas orixes da precariedade democrática e a inxustiza.