
Las tres edades (+ El espantapájaros)
Buster Keaton e Eddie Cline, 1923
98'. DCP. Subt. castelán.
THE THREE AGES / LAS TRES EDADES
(Estados Unidos, 1923)
Dirección: Buster Keaton e Eddie Cline. Guión: Clyde Bruckman, Jean Havez e Joseph Mitchell. Produción: Buster Keaton Productions. Fotografía: Elgin Lessley e William McGann. Intérpretes: Buster Keaton, Margaret Leahy. Duración: 80 minutos.
Primeira longametraxe dirixida polo propio Keaton. Unha mesma historia, relato de amor e ciumes, en tres momentos diferentes da historia da humanidade: a Idade de Pedra; a Roma Imperial e o presente. Homenaxe e, en certo modo, parodia do clásico Intolerancia de Griffith, estamos perante unha revisión satírica de cada época, un filme cun importante deseño de produción, ambiciosa estrutura, sucesión de gags e idea de unidade. Acompaña a sesión a curtametraxe de 18 minutos The Scarecrow / El espantapájaros (1920) de Buster Keaton e Eddie Cline, outra mostra da xenial arte da precisión de Keaton.