LA VILLA SANTO-SOSPIR
Jean Cocteau, 1952
36´. Vídeo. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
LA VILLA SANTO-SOSPIR
(Francia, 1952)
Dirección: Jean Cocteau. Duración: 36 minutos.
Despois das súas películas máis suntuosas e “profesionais”, Cocteau realizou, en 16mm cor, un ensaio sobre a creación, o cine e a pintura, ademais dos seus lugares. Ao igual que os muros da casa son testemuña do xesto de Cocteau pintor, o “film amateur” revela a tarefa do cineasta.