Lovesong 1-6
- 28 minutos
A última gran serie de películas pintadas á man de Brakhage (cunha duración próxima aos 30 minutos), realizada entre 2001 (Lovesong 1-4) e 2002 (Lovesong 5-6). Se a primeira destas películas se serve outra vez do step-printer, as seguintes constituirán desenvolvementos e variacións sobre motivos similares.
---------------------------------------------------
Retrato de Stan Brakhage por Kai Sibley (cortesía de Marilyn Brakhage).
- Ano:2002
- Países de produción: Estados Unidos
- Produtora(s): Stan Brakhage