![Oznamuje se láskám vasim (Que tódolos teus amores saiban)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/181365_fca406.jpg?itok=DOlu5lVs)
Oznamuje se láskám vasim (Que tódolos teus amores saiban)
Lukás Vaculík, Markéta Hrubesová, Antonín Procházka, Zdenek Martínek
- 93 min.
No outono de 1944 os peiraos de Dresden son un lugar máis ou menos tranquilo. A guerra é só unha lonxana ameaza para Karel e Bohous, dous mariñeiros checos de auga doce.
-
Cine checo dos 80
Oznamuje se láskám vasim (Que tódolos teus amores saiban)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Cine checo dos 80 Auditorio da Universidade
Oznamuje se láskám vasim (Que tódolos teus amores saiban)
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.
- Ano:1988
- Países de produción: República Checa
- Guión: Karel Kachyna. Novela: Karel Zídek
- Fotografía: Richard Valenta
Notas sobre o programa
No outono de 1944 os peiraos de Dresden son un lugar máis ou menos tranquilo. O único que está a facer a aviación aliada é ciscar planchas de zinc para evita-las localizacións por radar, sendo a guerra só unha lonxana ameaza para Karel e Bohous, dous mariñeiros checos de auga doce. Desde o barco de carga no que viven, rouban parte do tabaco que alí está almacenado para darllo ó seu patrón quen, a cambio, lles permite permanecer máis tempo no tranquilo porto, demorando así a súa perigosa viaxe a Hamburgo. Tonteando coas rapazas, os dous mozos van matando o tempo que están a pasar en Alemaña. Un día, Bohous vaise a Praga mentras Karel fica en Dresden continuando a súa ociosa existencia. Unha moza moi nova, Ulrike, a quen seducirá, visita o seu barco con frecuencia. Karel, inicialmente amosa indiferencia pero logo orden o interese, o amor e os ciúmes. Ela sálvao da morte a mans da "Gestapo" cando roubaban tabaco unha vez máis. Karel pide a man de Ulrike e o pai acepta coa condición de que a voda sexa unha vez remate a guerra. Pero a fin da guerra aínda non estaba tan preto e interfire no amor dos mozos, como o fixo con tantos outros miles de anónimos xoves de xeitos moi diversos.