LA VIEJA MEMORIA
Jaime Camino, 1977
161’
LA VIEJA MEMORIA
(España, 1977)
Dirección e guión: Jaime Camino. Produción: J.A. Pérez Giner, para Profilmes. Fotografía: José Luis Alcaine, Teo Escamilla, Roberto Gómez, Tomás Pladevall, Francisco Sánchez, Maci Torruella e Mario Martí (B/N). Con: Federica Montseny, Dolores Ibarruri, Enrique Lister, José María Gil Robles. Dur.: 161 min.
Mesturando imaxes de arquivo con testemuñas dun consello de veteranos de heteroxeneidade ideolóxica, prodúcese unha reconstrución do desastre da Guerra Civil que frutifica nunha estilizada conversa a moitas voces. Camino, coa colaboración de Román Gubern, é un dos adaís da recuperación da Historia negada que, unido ás inmediatas expectativas posfranquistas, determinarán o xurdimento e auténtica idade de ouro nesta etapa da práctica documental, con nomes como Patino, Herralde, Uribe, Linares, Jordá ou os irmáns Bartolomé.