El niño y la bestia
Bakemono no Ko
- 119 minutos
Kyuta é un neno solitario que vive en Toquio e Kumatetsu é unha criatura sobrenatural illada nun mundo imaxinario. Un día o neno cruza a fronteira ao mundo imaxinario e establece amizade con Kumatetsu, que se converte, ademais de no seu amigo, no seu guía espiritual. Este encontro levaraos a multitude de aventuras.
El niño y la bestia, en competición na Sección oficial do Festival de San Sebastián 2015, é unha película do mestre de animación xaponesa Mamoru Hosoda, autor de títulos como Mirai, Summer wars ou Los niños lobo. Película sobre a amizade, a procura da identidade, a capacidade para atopar un sitio, os vínculos entre alumno e mestre e a educación como un proceso de dobre dirección. Recomendada a partir dos 10 anos.
-
Filmoteca Júnior
El niño y la bestia
Versión lingüística:VOSEFormato:DCPEntrada de balde. (+10 anos)
- Ano:2015
- Países de produción: Xapón
- Guión: Mamoru Hosoda
- Produtora(s): Studio Chizu, Nippon TV