LA PRIMA ANGÉLICA
Carlos Saura, 1974
105'
LA PRIMA ANGÉLICA
(España, 1974)
Dirección: Carlos Saura. Guión: Carlos Saura e Rafael Azcona. Produción: Elías Querejeta P.C. Fotografía: Luis Cuadrado. Intérpretes: José Luis López Vázquez, Lina Canalejas, Fernando Delgado. Dur.: 105 min.
Un proceso de mestura de tempos na mente dun home de mediana idade lévao a rememorar e vivir de corpo presente, desde a infancia na Guerra Civil, pasaxes da súa vida. En plena descomposición do franquismo, Saura, atravesando a súa época máis gloriosa, aplicaba con sagacidade a terapia do relato privado ascendido á categoría de imaxinario colectivo. Premio Especial do Xurado no Festival de Cannes, o filme sufriu ataques oficiais e atentados ultras nas salas, irritados pola memorable secuencia do falanxista co brazo escaiolado en alto.