
LA ISLA DE HIERRO
Mohammad Rasoulof, 2006.
95´. Subtítulos en castelán
JAZIREH AHANI / LA ISLA DE HIERRO
(Irán, 2006)
Dirección e guión: Mohammad Rasoulof. Fotografía: Reza Jalali. Produción: Sheherazad Media International. Intérpretes: Ali Nasirian, Hossein Farzi-Zadeh. Duración: 95 minutos.
Nun petroleiro abandonado en pleno golfo Pérsico, un grupo de desherdados fan vida baixo a vixilante mirada do hiperactivo capitán Nemat. As autoridades están fartas de pedirlles que evacúen, pero a vida, igual que unha comuna autosuficiente, segue a bordo, con vodas, funerais e unha escola. Humor, tenrura e costumismo para un título que obtivo o Premio Especial do Xurado no Festival de Gijón.