LA CONSTELACIÓN BARTLEBY
Andrés Duque, 2007
23´. Vídeo. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
LA CONSTELACIÓN BARTLEBY
(España, 2007)
Dirección e guión: Andrés Duque. Produción: Ajuntament de Barcelona e Barcelona Activa. Duración: 23 minutos.
Realizada para a “I Muestra de Cine y Espacio” é o primeiro traballo videográfico de Duque no terreo da ficción. Esboza dúas historias inconexas entre si que gravitan, de forma máis lúdica que reflexiva, en torno á literatura. Do Bartleby, escribinte de Melville ao que alude o seu título á sociedade distópica de “Fahrenheit 451” de Bradbury, pasando polos ecos a Vila-Matas ou a cita directa a Stanislav Lem, as múltiples referencias literarias funcionan como pretexto para evocar un estado (alienación), un efecto (estrañamento) e unha adscrición xenérica (ciencia-ficción): ámbitos polos que transita a peza e que demarcan os seus posibles significados.