Extraterritorial
Do 1 de xuño de 2008 ao 30 de xuño de 2008
Continúa esta sección de periodicidade mensual, iniciada en novembro e nada coa vocación de presentar traballos de corte experimental, propostas periféricas e alternativas, fóra tanto de convencións narrativas como de circuítos de exhibición e distribución ao uso. Presididas pola quebra coa narración institucionalizada, amosamos un conxunto de propostas heteroxéneas e singulares pouco coñecidas, atípicas e a contracorrente, á marxe ⎯case sempre de maneira absoluta⎯ da senda pola que circula o resto da produción. Este mes, seleccionamos varios traballos de Andrés Duque (Venezuela, 1972), do que xa viramos Paralelo 10 (2005) e Landscapes in a truck (2006) no ciclo “D-Xeneración”. Duque é realizador na produtora Agosto, Máster pola Universitat Autónoma de Barcelona, reside no noso país desde o ano 2000, como videoartista con ampla experiencia, incluíndo o seu periplo en Venezuela, onde estudou xornalismo e traballou na cadea HBO.
Agradecementos: Andrés Duque, Elena Oroz.
![IVÁN Z IVÁN Z](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1328.jpg?itok=c_hTwVAW)
IVÁN Z
![LA ALMEJA GIGANTE LA ALMEJA GIGANTE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1329.jpg?itok=pJ3IIIxy)
LA ALMEJA GIGANTE
![LA CONSTELACIÓN BARTLEBY LA CONSTELACIÓN BARTLEBY](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_1330.jpg?itok=ZEll2W1J)