Kerity, la casa de los cuentos / Kérity, la maison des contes
Dominique Monféry, 2009
76'. Versión Castelá (+5 anos). Entrada de balde
Kerity, la casa de los cuentos / Kérity, la maison des contes
(Francia, 2009)
Dirección: Dominique Monféry. Guión: Anik Le Ray, Alexandre Révérend. Dur.: 76'.
Natanaël cumprirá axiña os sete anos, mais aínda non sabe ler. Cando herda da súa tía Eleonor a máis valiosa colección de contos do mundo, a Natanaël séntalle fatal. Non obstante, cada un deses contos contén un segredo marabilloso, xa que cando cae a noite, personaxes como Alicia, a malvada bruxa ou ou o Capitán Garfio cobran vida e saen das páxinas dos seus contos. Estes fantásticos personaxes avisan a Natanaël de que corren un gran perigo: pode que desaparezan para sempre xamais, e con eles as máis marabillosas historias que protagonizan, que entretiveron os nenos de todo o mundo xeración tras xeración. Para salvar os seus fantásticos amigos e ás súas historias, Natanaël terá que enfrontarse a grandes perigos e
incribles aventuras. Conseguirá ler a tempo a fórmula máxica que os salvará a todos?
Fermosa historia que subliña con imaxinación e fantasía a importancia da lectura como portadora a mundos insospeitados e cheos de maxia. Galardoada no Festival de Cine de Animación de Annecy, é unha colaboración do director Dominique Monfery coa ilustradora Rebecca Dautremer (Princesas olvidadas o desconocidas; Enamorados).
A partir dos 5 anos.