
Iyulskiy Dozhd / Lluvia de julio
Marlen Khutsiyev, 1966
107'. Vídeo. Subt. castelán.
IYULSKIY DOZHD / LLUVIA DE JULIO
(Unión Soviética, 1966)
Dirección: Marlen Khutsiyev. Guión: Anatoli Grebnev e Marlen Khutsiyev. Produción: Mosfilm. Fotografía: German Lavrov. Intérpretes: Yevgeniya Uralova, Aleksandr Belyavskly. Duración: 107 minutos.
Unha historia de amor como pano de fondo que nos amosa a vida do Moscova dos anos 60. Un conxunto de observacións cun claro presaxio e tamén un posible signo de interrogación final. Lluvia de julio presenta o momento da escolla dun camiño para o futuro do país. A figura máis humana da película é Alik, interpretado polo famoso poeta ruso Yuri Vizbor. Alik representa a parte honesta e escéptica da sociedade soviética, que non tiña moitas esperanzas de futuro e trataba de gozar da vida, evitando esbardallar e negociar coa conciencia. Unha das películas máis brillantes da época do desxeo de Kruschev, reflicte as esperanzas e temores dese tempo. As vívidas escenas dos intelectuais de Moscova son retratadas con leve ironía e melancolía, o que fai da película un filme memorable e agradable, moi recordado por varias xeracións.