Ivanovo detstvo/ La infancia de Iván
Andrei Tarkovsky, 1962
95'. 35mm. Subt. Castelán. Entrada de balde. Presentación libro "Escritos de juventud" por J.M. Mouriño, C. Crespo e E.R. Blanco
IVANOVO DETSTVO / LA INFANCIA DE IVÁN
(Unión Soviética, 1962)
Dirección: Andrei Tarkovsky. Guión: Vladimir Bogomolov, Mikhail Papava, ANdrei Tarkovsky, Andrey Konchalovsky. Intérpretes: Nikolay Burlyaev, Valentin Zubkov, Evgeniy Zharikov, Stepan Krylov. Dur.: 95'.
Iván, o corpo fráxil, aínda neno, percorre a paisaxe das máquinas da destrución, da Guerra. Paisaxe impregnada de memoria, mutilada, ferida, a modo de palimpsesto tráxico. As marismas do Dnieper, o ceo atravesado polas bengalas, os bosques de bidueiros, as paredes do refuxio, as reproducións de Durero. Na “infancia de Iván” a cámara demórase, deambula entre texturas e soños e, deste modo, a acción escápasenos paralizada, cuestionada constantemente. Ríos, chuvias, borraxeiras, líquidos que flúen, que se esparexen; prados abaneados polo vento, naturezas mortas, ruínas… remítennos a un continuo desprazamento cara a outra parte, en liñas de fuga constantes, cara ao grande, cara ao pequeno, cara ao inefable, o impensable. É a celebración dunha paisaxe e dun tempo absolutos, indiscernibles dos personaxes. A cámara, así, toma distancia na fantasía das paisaxes, nos soños, e advírtenos da existencia dun tempo diferido, metafísico que non é o da acción, é o dunha epifanía: “Iván no mundo” que nos estremece. (Cristóbal Crespo, Emilio Rodríguez Blanco).