Pocilga
Porcile
Pier Clementi, Franco Citti, Jean-Pierre Leaud, Margarita Lozano.
- 99 min.
Nunha das súas películas menos comprendidas, Pier Paolo Pasolini realizou unha alegoría poética contra o fascismo que explora a capacidade de barbarie da humanidade a través de dúas historias paralelas situadas en distintas épocas. Na primeira, un caníbal desprázase por unha paraxe volcánica en busca de alimento. Na segunda, ambientada na Alemaña Occidental logo da guerra, o fillo dun adiñeirado industrial que rexeita casar coa súa prometida, en protesta polos negocios de seu pai cos nazis, para dedicar o tempo á súa teima polos porcos.
- Ano:1969
- Países de produción: Francia, Italia
- Guión: Pier Paolo Pasolini
- Fotografía: Armando Nannuzzi, Tonino Delli Colli, Giuseppe Ruzzolini